Un faladorio e un concerto de Catuxa Salom abren a Semana de Muller e Cultura

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

26 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe comeza a Semana de Muller e Cultura, un programa organizado polo Concello de Vilagarcía e que desta volta xira arredor do mundo da música. A primeira parada desta edición será hoxe, a partir das oito da tarde, no Salón García. Alí reuniranse para falar, compartir experiencias e proxectos, varias mulleres que forman parte das moitas esferas do mundo da música. Entre as participantes neste faladoiro estarán a cantante e compositora Guadi Galego: a manager e presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais, Patricia Hermida; a cantante e creadora de Mulleres Galegas Kañeras e directora de Músicas ao Vivo, Patty Castro; a pinchadiscos Kris K DJ e a técnica de iluminación Teresa Cuiñas.

Despois do faladoiro, chegará o segundo prato do menú de hoxe. Será, de novo, no Salón García, tan pronto como remate a mesa de debate. Así, ás 21.30 horas comezará o concerto da vilagarciá Castuxa Salom, que fai música fusión combinando os sons de raíces galegas e arxentinas.

O programa Semana Muller e Cultura inclúe outros concertos e obradoiros, cos que se pretende, explica Ravella, «poñer en valor o papel das mulleres que traballan na creación cultural e artística, así como fomentar a inclusión e a visualización das profesionais femininas nestes sectores que tradicionalmente foron copados por homes».