O Espazo Xove acolle este xoves a Feira Portugalesa que organiza o Castro Alobre

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

23 abr 2024 . Actualizado a las 14:04 h.

Este ano, Portugal celebra os 50 anos da Revolución dos Craveis. Esta data non pasou desapercibida no instituto Castro Alobre, onde por terceira vez se celebra a Feira Portugalesa. Será este xoves, pola tarde, no Espazo Xove de Vilagarcía, e xirará arredor de argumentos tan dispares como a intelixencia artificial, a gastronomía, o fútbol...

O encontro arrancará ás catro da tarde cun obradoiro no que Miguel Rodríguez e Hugo Costa, de MH Producindo, alumnos de Bacharelato explicarán as posibilidades de combinar textos literarios e música grazas á IA. Logo, comezará un obradoiro de cociña portuguesa no que se elaborarán dúas sobremesas. E terá lugar o Torneo FIFA con países da Lusofonía.

Concursos

En paralelo, a rapazada que participe na xornada poderá percorrer o espazo vendo a exposición Irmandade Portugalega, resultante do primeiro concurso Somos Lusofonía. Tamén poden participar no concurso exprés Como sobrevivir no Brasil?.

Todo isto estará acomañado, explican desde o instituto, de música, arte, xogo, e moita diversión. Boa mostra delo é que os Mozos de Arousa Moza farán unha versión do programa que lles deu fama, Reacción en Cadena, pero á portuguesa. A diversión está garantida.