Tania Álvarez encabeza os catro títulos arousáns no Campionato Galego de Inverno de K1 e C1

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

Os canoístas Nerea Novo, Jairo Zurita e Pedro Torrado foron os outros campións da comarca

20 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O encoro ourensán de Castrelo de Miño foi o sábado escenario do Campionato Galego de K1/C1 de Inverno Júnior, Sub 23 e Sénior. Sobre a tradicional distancia de 5.000 metros, a cita concluíu con catro campións arousáns e outra media ducia de medallistas da comarca.

Tania Álvarez Yates (Breogán do Grove) colgouse o ouro no K1 Sénior Feminino cun crono de 25.18,37, por diante de Carmen Villar, do Kayak Tudense, que rematou en 25.22,02 e con Ángela Baúlde, das Torres-Romaría Vikinga, pechando o podio en 25.51,95. Tamén en féminas, pero na canoa xuvenil, Nerea Novo, do Náutico Pontecesures, foi campioa sen rival en 28.55, con Silvia Gago, do Náutico O Muíño, prata en 30.21.

Na canoa masculina, os padexeiros das Torres Jairo Zurita e Pedro Torrado fixéronse co ouro júnior e sub 23, respectivamente, e na regata sénior Tono Campos foi prata a menos dun segundo de Jaime Duro, do Ciudad de Pontevedra.