Xuntanza das escolas de idiomas de Viveiro e Monforte

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Comida en la parrillada San Roque, en Viveiro
Comida en la parrillada San Roque, en Viveiro Pepa Losada

Participaron nun encontro de inmersión lingüística e nunha comida na parrillada San Roque

19 abr 2024 . Actualizado a las 17:20 h.

A Escola Oficial de Idiomas de Viveiro e a Escola Oficial de Idiomas de Monforte participaron este venres na cidade do Landro de diversas actividades conxuntas de inmersión lingüística. Durante a cita educativa, os participantes comeron xuntos na Parrillada de San Roque, no alto do monte. Pola tarde continuaron desenvolvendo distintas iniciativas conxuntas relacionadas coa aprendizaxe de linguas estranxeiras. O centro de idiomas viveirense celebra este ano o seu trixésimo aniversario.