A Pedreira, representante de Galicia este sábado no evento Culturas 360

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

Culturas360 é un proxecto colaborativo internacional que se celebra cada ano en liña para amosar artistas de todo o mundo

03 mar 2023 . Actualizado a las 23:08 h.

A Pedreira (Ugia Pedreira), será a representante de Galicia no evento Culturas 360, este fin de semana con artistas de diversos países. A Pedreira actuará o sábado ás 14.00 horas, e poderá verse na dirección https;/www.youtube.com/@culturas3608.

Culturas360 é un proxecto colaborativo internacional que se celebra cada ano en liña para amosar artistas de todo o mundo. Neste ocasión será este sábado e domingo, con 17 bandas. Dende Santiago, representando a Galicia, actuará A Pedreira: «Fixen este concerto gravación no faiado da casa patrucial de meu pai, a Casa do Gallego, en Vilaronte, en Foz, con cancións que posiblemente estean no novo disco Basal. Alí, como filla única vinculeira unín todas as posibilidades do meu ser individual artístico mais espido. Agora na plenopausia voltei á segunda adolescencia, onde a composición para min era, é, a raíña dos meus días. Nese lugar teño inventado coreografías, deseñado escenas, composto melodías e escrito letras. É así como me presento ante Culturas 360, en representación do meu país, só , enteira, forte e vulnerable», sinala Ugia, A Pedreira.