Unha praga similar á do amieiro está a secar na Chaira miles de salgueiros

La Voz LUGO/LA VOZ.

LUGO

04 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Unha enfermidade aínda non identificada polos expertos en botánica está a secar practicamente a totalidade dos salgueiros na Terra Chá. Dende hai algo máis dunha semana, os salgueiros de toda a comarca están perdendo a folla, que aparece literalmente chamuscada e picada ao tempo que queda completamente seca e se desprende dos ramallos. Afecta a practicamente toda a Terra Chá e provoca un estraño efecto visual da paisaxe, xa que no medio das fortes cores verdes que teñen estes días todas as especies, aparecen as manchas pardas dos salgueiros que teñen as follas secas, carcomidas e de cor marrón. Toda a paisaxe da comarca está ciscada de manchas pardas que cando se observan de cerca, non son follas secas, senón literalmente «chamuscadas» e sen tecido vexetal.

Pola aparencia, trátase dun proceso dexenerativo parecido ao que afecta aos salgueiros, pero que este ano na comarca chairega non se percibe. De feito, as imaxes de máis contraste de cor vense nas ribeiras dos ríos, porque mentres que os amieiros teñen unha cor verde e frondosa, os salgueiros que están no medio deles xa presentan unha cor parda.

Polo de agora os expertos descoñecen a enfermidade.