O Museo de Viladonga organiza hoxe unha visita nocturna ao castro á luz dos fachos

La Voz LUGO/LA VOZ.

LUGO CIUDAD

15 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Museo do Castro de Viladonga desenvolverá ao longo de hoxe diferentes actividades para festexar a Noite dos Museos. As actividades especiais comezarán ás 18.00 horas, coa apertura dunha exposición fotográfica sobre a celebración desta cita entre os anos 2005 e 2009, e a proxección de varios documentais arqueolóxicos. Ás 18.30 haberá unha demostración e práctica de xogos populares a cargo da asociación O Cadaval, de Pacios, en Castro de Rei.

Actuacións musicais

A continuación actuarán o grupo Os Valuros, de Castro de Rei; o zanfoneiro santiagués Óscar Fernández e o grupo Cantar das Eiras, de Lugo. Ás 21.00 horas servirase un refrixerio con petiscos, bebidas e queimada final conducida por Xosé Manuel Carballo. O prato forte da xornada chegará a partir das 22.30 horas, cando comezará unha interesante visita nocturna polas construcións do castro cos fachos como única iluminación.