Barreiro Prado recibiu emocionado o titulo de fillo predilecto de Foz

LUGO

20 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Xosé Xoán Barreiro Prado (Foz, 1958) converteuse onte, nun acto emotivo e cargado de compromisos coa lingua galega, en fillo predilecto de Foz, cumplindose así o acordo unánime da corporación local de outorgarlle a máis alta distinción do seu municipio natal, que tivo en conta non só o desempeño profesional -é presidente da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra-, senón o seu labor galeguizadora nos ámbitos xudiciais. ? O maxistrado focense estivo acompañado pola sua familia e amigos, pero tamén por compañeiros e personalidades da Administración de Xustiza galega. Así, xunto ao alcalde, José María García Rivera, o acto estivo presidido polo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadeas Sobreira, e o Fiscal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, que se sumaron á homenaxe xunto á corporación local e xuíces, fiscais, avogados e outros membros da actividade xudicial chegados de toda Galicia, ademais de políticos como o subdelegado do Goberno en Lugo.

«Foz non é un sitio, é un sentimento», sinalou Barreiro Prado tras recibir de mans do alcalde a medalla do Concello e o pergamiño que acredita a distinción do seu municipio natal, nunha intervención na que ademais de debullar os seus recordos de infancia en Foz, (non faltaraon as alusións aos seus pais, asegurando que fixo Dereito «por obediencia debida» e pola influencia do seu proxenitor que era xuíz de paz, a súa muller Susana e a súa filla Laura), tamén aludiu á súa formación universitaria dentro e fóra das aulas, e o peso que nomes como Risco, Otero Pedrayo ou Cunqueiro, entre outros, tiveron no seu profundo amor pola lengua galega e o seu soño, «galeguizar a Administración de Xustiza». Revalidau ademais o seu compromiso «de prestixiar o idioma galego», avogando tamén «por seguir sendo útil a Foz e a Galicia».

O cronista oficial de Foz, Suso Fernández, recordou que Barreiro compartirá a distinción co matrimonio Martínez Otero, que o recibiu en 1934, e co alcalde Paco Maañón. Lembrou a Manuel María, Noriega Varela, Antón Vilar Ponche ou Ramón Piñeiro na defensa da lingua como signo de identidade dun pobo. ?O grupo Canzonetta encargouse dos interludios musicais.

?