pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lugo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | xosé lois garcía escritor e historiador «O románico de Sober está moi estragado, pero ten moito valor»

O autor chantadino publica unha nova obra que profundiza no estudo da arte medieval da Ribeira Sacra

Autor:
Francisco Albo
Fecha de publicación:

O escritor chantadino Xosé Lois García acaba de facer unha nova achega ao estudo do románico da Ribeira Sacra. A Consellería de Cultura publicou o seu ensaio Simboloxía do románico de Sober , que continúa a mesma liña de investigación seguida nun libro que dedicou hai nove anos ao románico de Pantón. Ao igual que naquela obra, García leva a cabo no seu novo libro unha detallada análise.

-O patrimonio románico de Sober é bastante menos coñecido que o de Pantón e outras zonas da Ribeira Sacra.

-Si, é un patrimonio que non se menciona moito nos tratados e nas guías de arte románica. A verdade é que está moi estragado, pero por outro lado tamén ten moito valor. Como sucede en moitos lugares, hai igrexas deterioradas e alteradas que só conservan algúns elementos románicos, pero que, se se mira con atención, conteñen figuras dun valor incalculable. O mellor conxunto románico de Sober é o da igrexa de Lobios, que é un excelente exemplar de románico galego tardío galego. Pero hai outras igrexas que tamén conservan cousas moi interesantes, aínda que ás veces se reduzan a unha pía bautismal ou algunha peza escultórica, como ocorre nas igrexas de Anllo ou de Amandi.

-¿Que método utiliza para interpretar os símbolos contidos nas esculturas románicas?

-O meu método consiste simplemente en procurar estar ao día das investigacións sobre a iconografía e a simboloxía do románico e en aplicar eses coñecementos ao estudo do noso patrimonio. Para interpretar o significado relixioso e moral que encerran esas obras hai que situarse no mundo da cultura medieval que as creou e pasar moitas tempo observando as esculturas e decoracións das igrexas. Esas obras conformaban unha especie de silabario de pedra para ensinar a doutrina cristiá aos que non sabían ler. Para entendelas hai que reconstruír o sistema simbólico que utilizaban os clérigos para transmitir a doutrina coa axuda desas esculturas.

-¿Os canteiros e escultores que fixeron estas obras eran conscientes de todo ese simbolismo ou limítabanse a seguir instrucións?

-Quen deseñaban as igrexas románicas eran sobre o todo os clérigos cultivados, que posuían grandes coñecementos sobre a Biblia e a literatura patrística e dominaban a linguaxe simbólica cristiá, pero moitas veces os mestres de obras e os canteiros tamén sabían bastante de simboloxía. Por outro lado, os artistas desa época imitaban modelos establecidos, pero tamén sabían darlles un toque propio e inspirarse nas cousas reais que os rodeaban, como os animais e as plantas.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | xosé lois garcía «O románico de Sober está moi estragado, pero ten moito valor»

O autor chantadino publica unha nova obra que profundiza no estudo da arte medieval da Ribeira Sacra

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«O románico de Sober está moi estragado, pero ten moito valor»
García xa publicou varios estudios de simboloxía románica
Autor de la imagen: | ALBERTO LÓPEZ

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lugo
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lugo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.