pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lugo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Un Camiño Primitivo amplo

Fecha de publicación:

Para Ricardo Polín, estudoso tamén do Camiño Primitivo, non é preciso ser crente para sacarlle partido espiritual a esta rota. «Non é tanto que o Camiño de Santiago estea conectado coa relixiosidade, sobre todo, é un camiño espiritual en sentido amplo.

-Supoño que o seu interese polo Camiño de Santiago viría polo tempo que lle dedicou a estudar o medievo.

-Máis que do Camiño de Santiago en particular, gústame falar da cultura dos camiños ou camiñeira. Para min os camiños son un elemento que me conecta con algo que me di moito, que é o pasado. Son vías que contextualizan todo un mundo que me interesa moitísimo. Polos camiños transita toda unha corrente de humanismo, porque os fan as persoas. No caso concreto do fenómeno interesantísimo a que deu lugar todo o mundo xacobeo, hai algo que me daba moita mágoa cando isto emerxeu a comezos dos anos 90, e é que a nai do año dos camiños de Santiago é unha reivindicación expresa da monarquía asturiana, que nun momento dado ve a posibilidade de enfrontar un santuario no norte da península ao poder musulmán e a toda a súa tradición relixiosa no sur. Créase un camiño iniciático que é ese primeiro camiño de Santiago que se dirixía á primeira cidade galega.

-¿Tivo que ver tamén que vostede nacese a carón do Primitivo?

-Si, porque ese camiño que pasaba polo meu lugar de nacemento estaba quedando absolutamente esmorecido. É máis, se non chegamos a facer unha reivindicación moi forte un grupo moi pequeniño de persoas, probablemente hoxe xa non estariamos a falar desde primeiro Camiño de Santiago. Mesmamente tivemos que facer valer o seu nome.

-¿En que se diferenza do Francés?

-O Camiño Primitivo aínda é auténtico; aínda non está machacado polo deseño ultramoderno, non está masificado, atravesa a montaña astur-galaica, e a xente que o recorre fuxe da masificación que se está a dar no Francés como consecuencia de un tremendo aparato propagandístico e, tamén o hai que dicir, que respondeu desde sempre a unha operación mediática de carácter político e turístico. A min todo iso non me interesa demasiado; impórtame toda esa vastísima cultura camiñeira que ten que ver cos elementos arquitectónicos dos camiños antigos, coas persoas camiñantes, cos oficios de transeúntes e con todo o conglomerado de entes hospitalarios, pontes, árbores senlleiras e demais.

 

ENVIAR NOTICIA  

Un Camiño Primitivo amplo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lugo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lugo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd