pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lugo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | ricardo polín profesor, investigador e escritor «Estamos fóra da nosa órbita, que é a tradición galego-portuguesa»

Os estudos filolóxicos e literarios, a etnografía e o Camiño Primitivo son os grandes eixos da obra deste escritor e profesor nado entre os ríos Chamoso e Azúmara

Autor:
Benigno Lázare
Fecha de publicación:

Ricardo Polín, que ademais de escritor e investigador sigue compatibilizando as súas clases no campus de Lugo e nun Instituto de Vilalba, dise moi marcado polo lugar onde veu ao mundo, santa María de Pena de Castroverde, especie de epicentro fluvial do que parte un río cara a Terra Chá e outro cara para o Corgo e Láncara. Tamén é parroquia de tradición musical e que sempre valorou moito a cultura. «Nun lugar campesiño, hoxe hai cando menos un titulado universitario en cada familia».

Engarza perfectamente a filoloxía, a literatura, a etnografía, o Camiño Primitivo e a recuperación da memoria histórica. «Un dos autores dos que conseguir recuperar a obra completa, que estaba perdida, é o poeta da Terra Chá Francisco de Fientosa, que foi asasinado en Aravaca con so 24 anos en 1936, pouco despois de Lorca, do que era fiel seguidor. Está agardando tamén unha investigación, porque sería conveniente saber onde está»

-¿É un paralelismo grande con García Lorca?

-É un paralelismo moi grande, tanto na vida como na morte. Foi un home que seguiu o estilo de Lorca marcadamente e nomeadamente no mundo da poesía, que rematou cunha morte parella a do poeta andaluz e moi próxima no tempo. Era unha persoa que tiña un futuro brillante no mundo das letras e un dos seus libros fora prologado por Ramón Cabanillas, que era unha institución.

-¿Que é fundamental para manter a cultura propia?

-É moi importante non perder os sinais de identidade, saber ben onde estamos, e sobre todo, non pensar que a cultura urbana ten un peso específico maior que a cultura rural da que vimos. Iso ten sido nefasto nalgúns momentos.

-Vostede centrou os seus estudios en etapas moi concretas pero tamén moi distintas da literatura galega.

-Non sei se foi causal ou se foi o meu destino, pero téñome movido moito polos buratos negros da nosa historia e polos momentos que temos identificado peor, que están desvaidos ou mesmamente que se nos teñen ocultado. Por exemplo, a última etapa do noso medievo é o momento máis catastrófico para a nosa tradición literaria. Tamén me teño movido bastante no campo da literatura galega que se ten feito no século XIX fóra de Galicia, como as tertulias de galegos en Madrid, Curros, etcétera; e téñome movido bastante no mundo dos autores que teñen padecido persecución na posguerra e dos que se ten perdido a súa obra. Teño preparada, e espero que non tarde en saír, toda a obra completa dun autor pastoricense, moi significativo da posguerra: Manuel María González, compañeiro de Manuel María da Terra Chá, morto en Tetuán e do que recuperei a obra completa.

-¿Por que nun determinado momento se perdeu o galego nas clases dominantes en Galicia e non ocorreu o mesmo en Cataluña?

-Aquí colleunos o tránsito cara o dominio de Castela nun momento no que a burguesía galega non estaba afincada e moi rapidamente os nobres galegos foron substituídos por outros traídos de fóra. Ese paso foi decisivo na nosa historia lingüística e cultural, porque se nos ofreceu un modelo alleo. A partir dese momento o prestixio identificábase sistematicamente cos nobres chegados da outra banda.

-¿E xa non se rompeu esa situación?

-Non, e esa é unha das miñas teimas. O noso país quedou a contrapé; estamos fora da nosa órbita histórica e cultural, que é claramente é a tradición galego-portuguesa. O poderoso brazo creativo do Miño e do Douro quedou roto.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | ricardo polín «Estamos fóra da nosa órbita, que é a tradición galego-portuguesa»

Os estudos filolóxicos e literarios, a etnografía e o Camiño Primitivo son os grandes eixos da obra deste escritor e profesor nado entre os ríos Chamoso e Azúmara

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Estamos fóra da nosa órbita, que é a tradición galego-portuguesa»
Ricardo Polín é autor dunha tese doutoral que recupera en cinco tomos cen documentos iniciais da lingua
Autor de la imagen: | B.?L.

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lugo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lugo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd