pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

«Vexo que hai unha enorme e cada día máis grande confianza no Partido Popular»

entrevista | Armando castosa | Candidato do PP

Autor:
Enrique G. Souto
Fecha de publicación:

É un alcalde con moi longa experiencia no cargo. Armando Castosa Alvariño (Cospeito, 1963) é candidato ao Senado polo PP. O seu presidente provincial, José Manuel Barreiro, buscou para configurar as listas para as eleccións xerais a sólidos valores populares na política municipal. E un deses valores é Castosa Alvariño, alcalde de Cospeito, que está no seu quinto mandato á fronte deste Concello da provincia de Lugo.

-No caso de saír elixido, ¿non vai ter problemas para compatibilizar o traballo na alcaldía e no Senado?

-Non. Son facilmente compatibles. Ao Senado hai que ir unha vez cada quince días e non se entorpece o traballo municipal.

-¿Que aportaría a Cospeito o feito de que vostede fose senador?

-Penso que todos os veciños verían como algo bo que o seu alcalde fose senador, pero penso que se pode facer extensible á Terra Cha e á provincia de Lugo. Sempre é bo ter voz noutros ámbitos institucionais.

-Como todas as campañas, é un tempo de moito traballo...

-No partido organizámonos en función de distintos criterios, pero atendendo en parte á representación territorial. Quero dicir que no caso dos candidatos ao Senado facemos campaña máis centrados nas nosas respectivas zonas, e, como é lóxico, acudimos aos actos nos que temos que estar todos. Aquí, na Terra Cha, fago campaña todos os días.

-Parece que o resulta das eleccións pode estar moi axustado...

-Eu creo que a moeda está no tellado. Teño que dicir que vexo o ambiente moito máis favorable ao PP nestes momentos que cando empezamos a precampaña; sen dúbida, moito máis favorable. Aínda que as enquisas indican que hai practicamente un empate técnico, eu vexo que hai unha enorme e cada día máis grande confianza no PP. Isto nótase falando coa xente, e eu falo con moita. Paréceme que na provincia esa confianza vai quedar plasmada no resultado electoral. Agora mesmo eu creo que o PP está claramente por riba do PSOE. Xa pasou nas eleccións municipais; as enquisas daban gañador ao PSOE e finalmente, en conxunto, o ganador foi o PP. Creo que esa tendencia que se deu nas municipais vaise manter nas próximas eleccións xerais.

-¿Hai ou non hai crispación?

-Eu non vexo que houbera tanta crispación na lexislatura nin vexo que a haxa agora. Loxicamente, Goberno e oposición teñen visións distintas e por dicir que non se está de acordo non se provoca crispación. No meu entorno esa palabra úsaa moi pouca xente. Eu vexo as cousas moi normais, con bastante saúde democrática. Creo que todo este asunto da suposta crispación é algo moito máis mediático que real, polo menos no meu entorno.

 

ENVIAR NOTICIA  

«Vexo que hai unha enorme e cada día máis grande confianza no Partido Popular»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Vexo que hai unha enorme e cada día máis grande confianza no Partido Popular»
Armando Castosa é alcalde de Cospeito
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lugo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lugo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd