Restos dunha estrutura soterrada hai moitos anos

La Voz

LEMOS

01 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Nas obras da praza Doutor Goyanes, segundo explica Iván Álvarez, non apareceu ningún elemento arqueolóxico novo ou descoñecido que obrigue a interromper ou modificar o curso dos traballos. «Saíu á luz un trozo da arcada da ponte que enterraron hai moitos anos, pero que esa estrutura estaba aí debaixo é algo que se sabe de sempre e aparte diso non hai nada novo que sinalar», apunta.

A ponte vella do Cabe, segundo a documentación histórica que se conserva, foi construída a finais do século XVI polo mestre de obras Pedro Rodríguez de Ramberde. Un dos arcos situados na marxe esquerda do río desapareceu probablemente a principios do século XX ao realizar obras de reforma no Cantón, a actual praza Doutor Goyanes. Outro arco foi soterrado cando se abriu o paseo do Malecón, a comezos da década de 1930.