pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.galicia
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

A CARA B | francisco fernández rei | O Membro MÁIS NOVO da real academia galega «Prefiro que os políticos falen mal o galego a que non o falen»

Pensa que dicir que o castelán corre perigo en Galicia é unha falacia; di que a Academia ten que ser a máxima institución cultural deste país

O MEMBRO MÁIS NOVO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Autor:
Por Nacho Mirás Fole | nacho.miras@lavoz.es
Fecha de publicación:

Na súa frase «a lingua ten que ser de todos» hai toda unha declaración de principios, e máis nos tempos que corren. Francisco Fernández Rei (Fefiñáns, Cambados, 1952) é o membro de menor idade na Real Academia Galega.

-O pasamento de Constantino García, académico coma vostede, obríganos a reconducir a conversa...

-Fun alumno del e, se miro para atrás, atopo un excelente profesor. As materias que impartía, as filoloxías, eran áridas; el soubo facelas amenas e enganchar ao alumnado. Tiña tamén unha metodoloxía rompedora naqueles anos, a finais do franquismo. A lección que me deu é que, co galego, aquela lingua que non saía nos manuais, se podía facer ciencia de xeito tan digno como con calquera outro idioma. O seu gran mérito tamén é non só idear o Instituto da Lingua Galega, senón lograr convencer ao reitor que había no 71, García Garrido, de que se crease un instituto que nos seus obxectivos tiña a recollida e estudo do idioma, si, pero tamén elaborar un método de galego.

-Van a máis as voces que din que o galego corre perigo...

-¿Como non vai correr perigo? Os galegofalantes non estamos vivindo unha situación normal para o noso idioma. Cando parece que por fin, timidamente, comeza a aplicarse unha política de normalización lingüística, co bipartito, aparecen todo este tipo de organizacións dicindo algo...

-Falamos de Galicia Bilingüe, por exemplo..

-Por exemplo. Vamos ver. Eu sei o duro que é como pai sacar adiante a fillos galegofalantes, en tempos nos que non había unha televisión en galego, a prensa publicaba só algo... Era difícil. Pero agora cambiou radicalmente a situación.

-Pois hai quen pensa que o que está en perigo é o castelán en Galicia...

-Iso é unha auténtica falacia. Se un Parlamento, por unanimidade, aprobou un plan de normalización, consensuado, agora débese aplicar. ¿Entón aparecen con que se quere meter o galego ou se tal? Un Goberno ten que gobernar e, aínda que aplique unha discriminación positiva, que non é tanto, cara ao galego... home... ¡Estamos en Galicia! Temos que ser amablemente intransixentes no uso diario do galego. O castelán segue a gozar de todo o prestixio, non corre perigo ningún; non tes máis que poñer a televisión.

-¿É catastrofista coa situación da lingua?

-Non. Son moi consciente do que había hai trinta anos e son moi consciente do que hai hoxe. Con todas as carencias que pode haber, con todos os defectos e problemas de normalización. Tamén teño claro que o nacionalismo foi o motor fundamental da normalización e da dignificación do idioma. Pero o idioma é de todos, e na normalización caben todos, galegos de nación e galegos de corazón.

-¿Igual a Real Academia tería que estar máis conectada coa realidade? ¿Ou xa está dabondo? Pregunto, sen ironías...

-Eu teño criticado á Academia e moito; agora critícoa desde dentro. A Academia créase en Cuba; soñan unha Academia Curros, os mesmos que soñaron unha bandeira, un himno, un Panteón de Galegos Ilustres. A Academia ten que manter unha independencia; podémonos equivocar, pero mantemos esa independencia. Ten que ser a máxima institución cultural deste país, totalmente independente, con boas relacións cos poderes establecidos. Aínda que pase unha penuria orzamentaria, o seu obxectivo fundamental é a defensa e a promoción do idioma, non só en Galicia.

-Estes días estamos cheos: Beramendi, Premio Nacional de Ensaio; Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil. ¿Terá algo que ver que teñamos un ministro de Cultura galego?

-Non creo. Nos premios hai un representante do ministerio, pero o ministro non ten nada que ver. Son méritos propios, sen dúbida ningunha, mérito ademais de competir obras en galego entre si e coas outras linguas do Estado. Aproveito para darlle os parabéns a Beramendi e Agustín.

-Hai unha conta pendente cos políticos e o galego...

-Prefiro que o falen mal, durante un certo tempo, iso si, a que non o falen, sinceramente. Hai algúns que o empregan todos os días; outros fan un esforzo tremendo. É o que pasa coa literatura ou a música: o galego é un territorio liberado, é así.

 

ENVIAR NOTICIA  

A CARA B | francisco fernández rei | O Membro MÁIS NOVO da real academia galega «Prefiro que os políticos falen mal o galego a que non o falen»

Pensa que dicir que o castelán corre perigo en Galicia é unha falacia; di que a Academia ten que ser a máxima institución cultural deste país

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Prefiro que os políticos falen mal o galego a que non o falen»
Paco é feliz no seu recuncho do Instituto da Lingua Galega | sandra alonso
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.galicia
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.galicia
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.