Martes, 7 de Octubre de 2008
Voltar a La Voz
Portada
Cultura
Libros en PDF
O Xabaril Blanco
Murguía e La Voz de Galicia
Eladio Rodríguez
Relatos de verán2002
Biblioteca 120
Febreiro
O TROMPO

O trompo, borracha, peón ou a buxaina é un xoguete de madeira, de forma cónica e rematado nunha punta metálica, chamada reixo. Sobre o enredo enrólase unha corda para lanzalo e facelo bailar.
As buxainas antigas eran fabricadas polos propios nenos, con madeira de faia ou de aciñeira.
As formas de xogar eran ben diferentes, pero en todas o obxectivo era bailar o peón.

Marzo
AS LEIRIÑAS / AS TRES EN RAIA

Tres fichas para ti, tres para min, así comezamos unha partida de leiriñas. Trátase dun divertido xogo de concentración no que cada participante debe aliñar as súas tres pezas sobre o taboleiro. Poden colocarse en diagonal, en horizontal ou en vertical. Primeiro move un, despois o outro.
O que comeza a partida ten vantaxe, pois ocupa a posición do centro. ¿Ou acaso non te decataras de que moitas das liñas que se poden facer pasan por este punto?

Abril
A SOGA-TIRA
Unha corda e...¡a medir as forzas! ¿Sabedes que o soga-tira era un dos xogos máis populares das celebracións das antigas festas parroquiais? No coñecido campo da feira competían os máis fortes da vila. Tira dun lado, tira do outro. A diversión tamén ten o seu truco e, ás veces, empregando certas artimañas o equipo máis débil pode resultar gañador da partida. O importante é a coordinación de todos os membros: ¿es quen de probar?

Maio
MUÍÑO-ALQUERQUE

Esta é unha diversión de dúas persoas que require ben de concentración. O taboleiro é máis complicado que no caso do xogo das leiriñas e toca mover nove pezas.
As fichas soamente poden ir cara a diante.
Se un dos participantes consegue colocar tres fichas en liña, o outro perde unha.
A partida remata cando a un dos participantes lle quedan só dúas pezas.

Xunio
OS COLARES
¿Es habelencioso? Cun fío e algo que poder ensartar podes facer un bonito colar. Agora véndense moitos abelorios nas tendas, pero non hai moito as nenas facían colares de flores, cunchas, ou mesmo de castañas.
O fin da diversión é facer o adorno e lucilo, pero tamén se pasa un rato moi divertido buscando as pezas.

Xulio
A PESETA

Agora que as pesetas desapareceron dos moedeiros, hai que dicir que, hai anos, existía un xogo que consistía en guindar unha "rubia" a carón da liña que delimitaba un semicírculo pintado no chan e situado a unha distancia de tres metros.
Ó final da partida o gañador quedaba cos cartos dos demais xogadores. Foi tradicionalmente unha diversión de nenos, aínda que tamén se sabe que era practicado por adultos.

Agosto
OS PELOUROS

O pelouro é un óso dos xeonllos das patas traseiras dos cordeiros.
Os pequenos xogaban moitísimo con eles despois de limpalos e pulilos. Con frecuencia pintábanos de cores con tinta caseira feita de pastillas colorantes compradas nas tendas.
As chucas teñen catro caras: carne, cu, focha e chuca.
Trátase dun xogo fundamentalmente de nenas, dispostas en corro, e a súa orixe, unha vez máis, está en Grecia

Septiembre
A CORDA

A corda é un dos xogos máis universais que existen no mundo. Máis a présa ou máis a modo, á pata coxa, xirando sobre un mesmo, de dous en dous, en grupo, por enriba ou por abaixo, este enredo obriga a cantar e choutar ó mesmo tempo. Ás veces, os participantes teñen que saltar dun en un e facer os xestos que dicta o xogo. Se pisas a corda ou perdes a vez, tócache dar. Nalgunhas variantes de saltos pódense empregar ata dúas cordas, o que obriga a unha maior concentración.

Octubre
OS ASUBÍOS

Pi, pi, piiiii...¡que divertido! Agora imos soprar máis forte e ver qué son podemos facer con este pequeno chifre. Véndenos nas tendas, pero é moito máis divertido facelos un mesmo. Unicamente fai falla unha pequena ramiña de centeo ou un anaco de madeira. Canto máis longo sexa, máis buratos poderemos facerlle e máis músicas tocaremos. O importante é introducir no chifre unha peza que vibre ó paso do aire.

Novembro
AS BÓLAS / A SACA

Romanos e gregos foron os primeiros en tentar a súa puntería con este enredo. O xogo obriga a cada un dos participantes a guindar fóra do círculo o maior número posible de bólas ó lanzar a súa. Era moi frecuente que as pezas cambiasen o seu dono ó rematar a partida.
A variante galega por excelencia das bólas é o Guá.

Decembro
OS BOLOS
¿Tes puntería? ¿Cantos bolos es capaz de derribar dun só tiro? En España, que se saiba hai alomenos 250 variantes deste xogo. A forma de tirar a bóla, o terreo onde se desenvolve a partida, o número de bolos e a forma na que se dispoñen no campo marcan as diferencias. Dende tempos inmemoriais en Galicia hai unha grande afección ós bolos no rural, onde eran frecuentes as partidas dominicais.

Xaneiro
A PETANCA

Esta diversión veu de Francia e tradicionalmente foi un enredo de homes.
É un dos poucos xogos populares que se coñecen que están federados.
Xógase cunhas bólas metálicas duns 7 centímetros de diámetro e outra máis pequena, chamada boliche, feita de madeira, aínda que en Galicia tamén se usaban bólas autoconstruídas.
O gañador será o que deixe a bóla máis preto do boliche.
Consulta todos os xogos da colección
ADEMAIS...
12 XOGOS PARA OS MAIS CATIVOS
Dende o 22 de febreiro
 EXPOSICIÓN
Consulta todos os lugares onde se expoñerán os XOGOS POPULARES
SUXESTIÓNS
Envíanos as túas suxestións sobre os xogos populares a xogos@lavoz.es
 

Outros especiales |::| lavozdegalicia.es
 

© Copyright LA VOZ DE GALICIA, S.A.
Poligono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)