|
|
 |
|
A tarabela |
 |
|
| |
Nº de xogadores:
VARIABLE |
|
Para todas
as idades |
|
|
|

A sabedoría popular dos nosos
maiores aplícase á construcción das tarabelas,
enxeñosos aparellos que antigamente se atopaban con frecuencia
no campo e que servían para espantar
os paxaros, asustados polo ruído que producían
a súas pezas.
Tamén coñecida como andavía ou tabenla, a tarabela
tiña orixinalmente unha finalidade práctica: protexer
as sementes acabadas de plantar da avidez dos paxaros.

Se estivesemos falando doutros tempos, estariamos falando tamén
dos terreos sementados como lugar de xogo, precisamente porque o
obxectivo deste enredo é espantar os
paxaros. Sen embargo, a tarabela sérvenos como mínimo
exemplo do enorme catálogo de “máquinas”
populares que os avós poden e deben ensinarlles
a construír ós seus netos. Calquera sitio pode
ser, pois, bo para realizar esta aprendizaxe. Despois, haberá
que probar o seu funcionamento.


A tarabela que presentamos consta dunha estructura de madeira
cun pao a modo de balancín, do que colga nun extremo
unha bacía que se enche e se baleira
de auga, ó caer polo seu peso, facendo de contrapeso
do pao que, ó baixar do outro lado, bate facendo ruído
nunha peza de folla de lata.
|
 |
É
fundamental ter certa maña para que o aparello funcione ben.
Chamamos
a atención, por outra parte, sobre o
catálogo enormemente rico de trebellos populares que seguen
vivos na nosa memoria colectiva e que deben seguir sendo
transmitidos de xeración en xeración. A tarabela é,
unicamente, o exemplo, mínimo, que eliximos para este coleccionable.
|
|
 |
Xosé
Manuel Rabón |
|
O seu avó de Sobrado dos Monxes foi o responsable de que este director
de escena mostrase de sempre un especial interese polos trebellos relacionados
cos traballos agrarios. “As tarabelas eran un dos moitos
trebellos nos que os máis pequenos se vían implicados á
hora de fabricalos. Eran parte das tarefas lúdicas coas que tanto
me deleitaba cando ía á casa de Sobrado”. |
|
 |
|