A miopía do PP de Lalín e o sector leiteiro

La Voz

DEZA

18 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Tal vez ao señor Manuel Fernández, concelleiro do Partido Popular en Lalín o primeiro que se lle ocorreu, seguindo a estratexia tan propia dos dirixentes do PPdeG, ao ver a nova da compra de Puleva por Lactalis, foi o de buscar o antes posible, un culpable, iso si -como case sempre alén do Padornelo, pois so fala de ministros ou comisarios europeos-, por suposto deixando á marxe ao conselleiro de Medio Rural en Galicia e, dende logo, ao presidente da Xunta, non lle fora a sentar mal un deses almorzos en Madrid que tanto lle gustan. Sen embargo o concelleiro e por suposto o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, non botan en falla o silencio do Goberno galego neste tema e noutros que tamén afectan aos gandeiros de Lalín, a pesares de que coñecen, coma todos, que a Xunta ten competencias plenas en materia de agricultura e gandería.

Por outro lado, alguén que teña a cabeza no seu sitio e coñeza o sector leiteiro sabe que co cambio de Suárez Canal, sin ser de noso partido pero si dun goberno socialista, a Juárez Casado, no tema do leite fomos para atrás. Lamentamos dende o PSdeG-PSOE de Lalín que o alcalde Crespo non poña o grito no ceo como noutras ocasións, será que non quere importunar aos dirixentes da consellería, pero ímoslle reclamar que esixa as debidas responsabilidades. Porque curiosamente, a miopía dalgúns dirixentes do Partido Popular, con demasiada frecuencia -cousa curiosa no caso deste defecto da visión, no que quen o padece só pode ver de cerca- lles permite ver o que está lonxe ou moi lonxe e, sen embargo no ven o que teñen mais próximo.

Pero ven ao caso lembrarlle ao edil Manuel Fernández onde estaba él cando o Partido Popular votou en contra da Iniciativa Lexislativa Popular presentada no Parlamento de Galicia no ano 1993?, iniciativa que foi avalada por unhas 28.000 sinaturas, para pedir una Grupo Lácteo Galego. Onde estaban o alcalde Xosé Crespo e o PP de Lalín cando un goberno popular deixou que o buque insignia do sector lácteo galego, o grupo Larsa, fose parar a mans dos franceses. É preciso recordarlle o que dixo naquel entonces o responsable de Larsa, José Carlos Rodríguez, «regalaron Larsa a los franceses de la ULN a precio de rebajas». Así, con esta contundencia se recollía nalgún xornal galego, que non dubidaba tampouco en publicar que «A Xunta lejos de buscar socios gallegos para Larsa, garantizó las maniobras de la cooperativa gala para alcanzar la mayoría accionarial en el grupo lácteo». Pero, este medio foi máis ala e, tamén, escribiu «alguien tendría que explicar por qué el gobierno esperó a que Larsa estuviese en manos francesas para aprobar la concesión de 1.900 millones ya comprometidos con anterioridad». Isto seguro que o Sr Fernández e o Sr Crespo non o levan na súa memoria. Do mesmo poderíamos falar de Leyma e Lagasa, e daquela si que corrían momentos propicios para poñer as bases dun Grupo Lácteo con futuro.

E agora, outra vez, dende o Partido Popular, intentando enganar ó persoal bota balóns fora, mira para Madrid e esquéceselle dicir que o Goberno galego estivo caladiño, a pesares de que unha das plantas afectadas é a de Nadela e,a pesares deste goberno antigalego, segue situada na provincia de Lugo, que segue sendo Galicia.

Os socialistas lalinenses aconsellamoselles ao alcalde e ao seu concelleiro que un pouquiño de obxectividade non lles viría nada mal. Porque ver todas as pallas nos ollos alleos e non ver as vigas nos propios... pois miren vostedes, aparte de notárselles moito non semella moi normal. Comisión executiva municipal do PSdeG-PSOE de Lalín