pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.deza
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | ana dobarro artista lalinense «Seguro que a miña postal de Nadal será moi colorista»

Esta moza, «lalinense de toda a vida», realizará a felicitación institucional do Concello para as festas

Autor:
Amelia Ferreiroa
Fecha de publicación:

A máis de dous meses para a celebración das festas do Nadal, o Concello de Lalín deixou en mans dun artista a elaboración da postal navideña coa que felicitará as festas aos veciños do termo municipal. Nesta ocasión a encargada do tarxetón é Ana Dobarro, unha xove artista local licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.

-¿Como recibe esta petición por parte do Concello de Lalín?

-Con moita sorpresa. Ao ser unha lalinense de toda a vida, a verdade é que me fai moita ilusión que me fixeran este encargo.

-¿É responsabilidade?

-Sí que o é. Con esta postal chegas a todos os fogares, entrarás en todas as casas dos lalinenses e é unha fonda responsabilidade.

-Resta aínda un par de meses para as vindeiras festas navideñas pero, ¿xa ten idea de como será a felicitación?

-Penso que irá na liña do que eu fago habitualmente. E, para aqueles que non viron ningún traballo eur, decirlle que son moi colorista. Por iso, seguro que a miña postal de Nadal será moi colorista. Ou, ¿non? A ver se me dá por facela en branco e negro (risas).

-¿Algún boceto feito a día de hoxe?

-Bueno... Retratarei algo o Nadal... Moita cor... O que pretendo é ter a obra rematada neste mesmo mes. A miña intención é poder entregala antes de que remate outubro por se é preciso cambiar algo. Mellor rematala o antes posible para que non haxa agobios de última hora.

-¿Como definiría a súa obra?

-Non é nada doado definir o traballo que fai un mesmo. Sempre é mellor que o público o vexa e xulgue se lle gusta ou non. Penso que son surrealista e colorista.

-Por certo, ¿algunha outra vez fixo unha postal destas características?

-Pois creo que fixen algunha sendo cativiña. Dende entón, penso que ninguhna máis.

-A pesares da súa xuventude ten no seu haber xa algunhas exposicións dentro e fóra da comarca...

-Estiven amosando as miñas creacións na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e tamén participei en exposicións no Museo das Artes de Riveira, no Museo Municipal de Lalín e tamén na Fundación A Solaina de Piloño.

-¿Para cando unha mostra individual de Ana Dobarro na zona?

-Espero que axiña. De momento non hai ningunha data fixada pero é a miña intención poder facer unha exposición aquí para que se coñezan os meus traballos. Así o público poderá opinar...

-A Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño colgará en novembro nas salas do Museo Municipal de Lalín os traballos realizados na pasada xuntanza de artistas, alí estivo Ana Dobarro.

-Foi unha experiencia moi positiva. Fixéronse traballos moi interesantes na Solaina. Tiven a oportunidade de estar alí e de traballar. Agora, dende principios de novembro, amosaranse as obras feitas na xuntanza á que asistiron artistas de distintos rincóns do mundo.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | ana dobarro «Seguro que a miña postal de Nadal será moi colorista»

Esta moza, «lalinense de toda a vida», realizará a felicitación institucional do Concello para as festas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Seguro que a miña postal de Nadal será moi colorista»
Ana Dobarro participou na xuntanza de artes plásticas de A Solaina.
Autor de la imagen: |
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.deza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.deza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd