pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
Ir a la Portada

Buscador de contenidos

Elige:

literatura Chega a Galicia Bali Rai, primeiro escritor indio traducido ao galego

O autor de «Un casorio ben mal amañado» comparte con escolares de institutos a súa experiencia de fillo de emigrantes

Autor:
Rodri García
Fecha de publicación:

Pasa a metade do ano escribindo e a outra metade visitando institutos de todo o mundo, desde Nepal ata Canadá, pasando por Australia, Suecia ou moitos dos países sudamericáns. Onte empezou en Sada (A Coruña) o seu recorrido por Galicia e os encontros cos escolares que xa leron o seu libro Un casorio ben mal amañado (Sotelo Blanco). Claro que Bali Rai, de orixe indio e nado no Reino Unido, podería falar dos outros máis de vinte libros que ten publicados, e traducidos a un bo número de linguas, e que o confirman como «un dos escritores máis prolíficos e de maior éxito na literatura anglosaxona xuvenil», indican desde Sotelo Blanco, a editorial que non so fixo a primeira tradución dun escritor indio ao galego, senón que o trouxo a Galicia para que durante esta semana teña encontros con alumnos dos institutos de A Coruña, Arteixo, Silleda, Catoira, Boiro ou Santiago.

Pouco antes da unha e media da tarde de onte, Bali Rai, acompañado por Samuel Rodríguez, de Sotelo Blanco, agardaba o momento de entrar en contacto cos alumnos do instituto Manuel Murguía de Arteixo, un dos centros da comarca coruñesa que conta con máis estudantes inmigrantes, todos eles da primeira xeración.

Alumnos do terceiro curso da ESO foron xuntándose no salón de actos do centro, todos eles despois de ter lido este libro no que Bali Rai conta a historia de Manny, un rapaz da idade destes escolares, arredor dos dezasete anos, que na mañá do seu casamento, xusto o día que cumpre esa idade, repasa a súa vida ata ese momento e os valores da comunidade punxabí (os pais do escritor son punxabís), á que pertence, e se lle compensa aquel casamento como o único xeito de amañar as relacións coa súa familia ou, pola contra, se trata de integrarse no seu novo país e distanciarse da súa xente.

Estes problemas de integración nunha cultura diferente, como é neste caso a anglosaxona, son o pano de fondo desta historia.

Bali Rai asegura que os problemas cos matrimonios «son cando queren casar fóra da súa comunidade» e danse especialmente entre os xoves da segunda xeración enfrontados aos pais, da primeira. As contradicións coas que se atopan estes emigrantes aparecen reflectidas nesta historia de preto de 300 páxinas, contada en primeira persoa e de xeito moi realista.

España, 40 anos máis tarde

No fondo, o relato ten moito da historia do propio escritor, ao que os escolares foron facendo preguntas directamente en inglés (non fala castelán nin galego); as advertencias dos tradutores de que se entendía todo perfectamente non sempre eran admitidas como reais.

Unha das cuestións que preguntaron foi a procedencia do nome do protagonista, e outros que aparecen no texto, sobre os que o autor indicou que ían desde o nome dunha amiga que acabou sendo a súa moza ata o dun profesor que lle dixo a ver se o sacaba en algunha das súas novelas, «así que tede coidado, porque se hai algún nome voso que lle guste, ao mellor sae no seguinte libro», apuntou.

De todos os xeitos, o escritor, que xa estivera pola mañá en Sada, afirmou que as preguntas son moi semellantes ás de «outras partes do mundo, teñen preocupacións moi parecidas».

Rai apuntou que en países coma Suecia ou España hai novas xeracións de emigrantes, mentres que no Reino Unido son xa segunda xeración ou terceira, e isto fai que os problemas que hai en España «ou en Suecia son os mesmos que houbo en Inglaterra pero 40 anos antes».

Por isto, «este é un libro interesante que fala da segunda xeración de emigrantes cando aquí aínda estamos falando da primeira».

 

ENVIAR NOTICIA  

literatura Chega a Galicia Bali Rai, primeiro escritor indio traducido ao galego

O autor de «Un casorio ben mal amañado» comparte con escolares de institutos a súa experiencia de fillo de emigrantes

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Chega a Galicia Bali Rai, primeiro escritor indio traducido ao galego
Bali Rai, onte no instituto Manuel Murguía, de Arteixo
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.