EVANILDO BECHARA |
Evanildo Bechara, dirixente da Academia Brasileira de Letras e autor da gramática brasileira máis veces reeditada, valoraba onte que «esta xornada podemos dicir que é histórica, porque firma a conciencia da importancia do galego nesa reintegración á lusofonía. Se a integración lingüística era natural, porque o galego pertence historicamente a unha lingua histórica que se chama hoxe lingua portuguesa, do punto de vista político e cultural esta xornada representa unha porta larga que se abre para a integración galega».
Bechara destaca a importancia de que o presidente brasileiro, Lula da Silva, promulgase o 29 de setembro, no día do centenario de Machado de Assis, o Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa: «entra en vigor o 1 de xaneiro, coa progresiva adaptación de libros escolares, que deberán estar na nova ortografía a partir do 2012. Coloca a lingua portuguesa ao lado das grandes linguas de cultura, que se comunican na escrita nunha única ortografía, como é o caso do español, o francés ou o italiano. A lingua portuguesa chega atrasada a esa actitude de maturidade política e de maturidade lingüística».
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios