O alcalde de Fene, Iván Puentes, anunciou onte que o seu Concello vai garantir «a preservación do legado de Xaquín Marín», que considera «un patrimonio cultural importantísimo» e merecedor da máxima atención. A institución conta a día de hoxe nos seus fondos, entre máis de 20.000 orixinais, con obras de autores como Mingote, Dick Browne, Gila, Edgar Neville (o conde de Berganda del Duero, que ademais de debuxante foi director de cine e escritor), Chumy Chúmez, Cau Gómez e o ex ministro de Xustiza Juan Fernando López Aguilar.
«Xaquín, que é un artista extraordinario -remarcou Puentes-, xubílase agora como director do museo, pero nós confiamos en que aínda que vaia rematar xa esa etapa profesional, continúe vencellado á institución mediante algunha fórmula distinta, por exemplo como asesor do museo. Nós, por suposto, esperamos poder seguir contando sempre con el, porque somos moi conscientes do que Xaquín Marín, e ese museo que dalgún xeito tamén é o seu legado, significan para a nosa cultura». A medio prazo, o concello quere, de feito, darlle «un novo impulso a todo ese patrimonio». «Neste mesmo momento, a través da Concellería de Cultura -engade o alcalde fenés-, xa estamos traballando para ver a posibilidade de darlle unha ubicación nova, con máis amplitude: estamos pensando no futuro auditorio». O Museo do Humor recibe unha media dun millar de visitas mensuais.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios