«Os pinchos irmandiños teñen sempre unha acollida excelente»

S. G. CARBALLO/LA VOZ.

CARBALLO

16 jun 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Carlos Gómez Fernández (36 anos) é o coordinador dos pinchos irmandiños, unha actividade coa que oito establecementos de hostalería apoian e complementan o Asalto ao Castelo. Son o Vía Rápida, Casa Sabina, O Castillo, Celme, Dialma, Vimio, Risco e Quilmes.

-¿Cal é a mecánica desta actividade gastronómica?

-O sistema é similar ao do ano pasado, con pequena variacións. Por exemplo, agora só se prepara un pincho, antes eran máis por establecemento. E para votar á mellor creación gastronómica, haberá que facelo xa no campo da festa, levando a tarxeta ou pasaporte cos cuños e todos os locais visitados. O que gañe non terá un premio económico coma antes, senón un agasallo.

-¿Cando e como se poden tomar?

-Será entre o xoves, 1 de xullo, e o sábado 3. De 11.30 a 14.00 horas, pola mañá, e de 19.00 a 22.00, pola noite. Se van cunha caña Mahou, que patrocina, custa dous euros todo. Se con outra bebida, 1,5 o pincho máis o que se tome. Por cada consumición, un pincho.

-¿Que ingredientes teñen?

-Máis ben, non teñen, porque deben ser como os da Idade Media, antes do Descubrimento de América. Ou sexa, nada de patacas, por exemplo.

-¿Como respondeu a xente ata agora?

-Espectacular, esgotábanse sempre nas dúas edicións anteriores. Os pinchos irmandiños teñen sempre unha acollida excelente.