Pedro Brandariz inaugura a Semana do Libro e a Lectura

La Voz

CARBALLO

09 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A cidade

é o título e o nexo de unión entre as actividades que se van desenvolver na Semana do Libro e a Lectura de Carballo. A iniciativa comeza hoxe, ás 12.30 horas, con humor. Pedro Brandariz, un cómico emerxente, será encargado de presentar os actos no Pazo da Cultura, polo que tamén pasarán os grupos de teatro dos colexios Nétoma-Razo, Fogar, Bergantiños e Ponte da Pedra coas súas propostas teatrais.

As instalacións do Pazo da Cultura acollen a partir de hoxe, e durante toda a semana, exposicións de ilustradores, de libros e de materiais elaborados polos escolares. Ademais, a partir de mañá haberá actividades específicas para nenos, para pais e para mestres. Casahamlet interpretará mañá As formigas para os alumnos de primeiro de primaria e das unitarias; os profesores poderán participar nun obradoiro de literatura con María Canosa, e toda a familia poderá asistir ás 18.30 á actuación de Fátima Fernández cos sus Contos de galiñas e galos .