O curso de axentes de pastoral de Carballo comezou dun xeito «deportivo»: hai equipo e hai xogo católico
Da parroquia San Xoán Bautista de Carballo seguramente se poden dicir moitas cousas, pero hai dúas -polo menos- que non se poden dicir: que traballa pouco e que non é orixinal.
Traballar, traballa arreo todo o ano. Non hai máis que seguir o seus programas de actividades. A culpa (enténdanse no sentido bo e laico) tena José García Gondar, sacerdote, pero tamén dinamizador dos que se vén poucos. Se cadra, ter unha das parroquias con máis fregueses da diocese é unha motivación extra.
O da orixinalidade tamén leva moitos anos aos ollos de quen a quere ver. Non hai máis que entrar na súa páxina web (feito moi singular por si mesmo) e indagar nos proxectos inminentes, chamativos incluso nun ámbito nacional.
Onte, novo exemplo. Presentábase, no salón parroquial, o sexto curso de axentes de pastoral (outro fito: laicos que axudan a facer misa) ante o vicario, curas dos arciprestazgos de Bergantiños, Seaia e Laracha, e fregueses. Máis de 130 persoas. José García Gondar quixo imbuír o acto dun espírito olímpico e deportivo apoiado polas novas tecnoloxías, cunha pantalla xigante na que ían aparecendo os conceptos que el desenvolvía, e tamén os aros olímpicos.
O acto empezou ademais co rezo, en gregoriano (soou o tema, na pantalla estaba a letra), do Veni creator spiritus , a chamada que se fai ao Espírito Santo aos inicios dos períodos escolares. Despois, García Gondar foi explicando que é un equipo e quen o compón: o entrenador (despois diría que é Cristo), o equipo (o Papa, o arcebispo), os seus axudantes (cregos e laicos), os membros da parroquia, o campionato (o curso, pero tamén o plan pastoral que se presentou onte), o avituallamento («a palabra do señor») e, previamente a todo, as anotacións. Que foron onte tamén. Con 127 persoas. E, deportivo como estaba todo, cada alumno foi recibindo os correspondentes dorsais, todos cun número, que ían repartindo seis curas, e a ficha de inscrición.
De agora en diante virán os entrenamentos, os luns, dende as 20,30 horas. Ao final de todo, cando remate o curso-campionato, se cadra haberá unha copa e, sen dúbida, unha medalla. A da Milagrosa, para cada participante.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios