pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.carballo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | ramón gándara martínez profesor e ex-concelleiro vimiancés durante 24 anos «Ser mestre dáme autonomía, a política é unha paixón»

Deixa o seu labor como concelleiro do BNG vimiancés, pero asegura que o seu vencello coa zona aínda non rematou

Autor:
Patricia Blanco
Fecha de publicación:

Ramón Gándara naceu no 1952 en Sendón (Muxía). Durante algo máis de 25 anos foi unha peza clave da vida educativa e política de Vimianzo. Actualmente mudado a Ferrol, os seus compañeiros galardoarano este vindeiro sábado cunha cea de recoñecemento pola súa achega á localidade, unha traxectoria que el mesmo analiza.

-¿Cando comezou a súa relación con Vimianzo?

-Profesionalmente, é dicir, como mestre, incorporeime no curso 1981-82, tras dous anos en Pontedeume e un en Barcelona. Foron uns 27 anos repartidos entre o colexio San Vicenzo e o instituto Terra de Soneira, onde estiven os sete últimos. Logo desempeñei outras facetas, como a política. No 1982 tomei parte da asamblea fundacional do BNG en Riazor e ao ano seguinte xa participei na primeira candidatura municipal como concelleiro.

-¿Con que faceta se quedaría, se tivese que escoller?

-Nunca foron excluíntes. Tanto a parte profesional como a política leveinas sempre dun modo complementario. Ser mestre dáme a autonomía, a política é unha paixón, polo que nunca dependín dela, o cal me permitiu vivila con total liberdade.

-¿Que lle aporta o ensino?

-Traballar como mestre é todo un privilexio. Puiden observar a moitas persoas en tramos fundamentais da súa vida: dende os doce ou trece anos ata os corenta, máis ou menos. Foi unha experiencia moi forte e rica, ver a evolución deses alumnos que mesmo despois os atopas como titores dos teus fillos, polo que eu síntome de Vimianzo de toda a vida. Puiden ver como ela mesma vai rompendo os clichés que ás veces os profesores creamos.

-¿E a política?

-Fun concelleiro en Vimianzo 24 anos, é dicir, seis lexislaturas. As tres primeiras, con Unidade dos Veciños e as outras como concelleiro do BNG, encabezando a candidatura en dúas delas. Da miña faceta política, que nunca cheguei a tomar como profesión, salientaría que fomos un grupo de oposición que non se limitou ao control do goberno municipal, senón que fixo propostas e loitou polo concello.

-Tal vez por esa liberdade coa que participaba na política.

-O BNG estivo presente en todo o que se xogaba na Costa da Morte. Nos anos 80 destaca a nosa loita pola mellora das infraestruturas educativas, como a apertura de escolas unitarias nas parroquias, a construción do grupo escolar de Baíñas para combater a masificación do vimiancés, ou a nosa petición do bacharelato e de máis ramas profesionais para o instituto, así como a activación da vida cultural da zona, con asociacións como Vencello e máis adiante, Vimio e Adiante Soneira. Nos 90 loitamos polas melloras sanitarias e tamén por que Terra de Soneira fose recoñecida como comarca diferenciada, algo que para nós sempre foi estratéxico. Aproveitar a centralidade para Vimianzo para demandar infraestruturas e servizos comarcais, loitando nos últimos anos por un servizos sociais de calidade. A mellor expresión diso é, agora, a residencia da terceira idade.

-Todo un logro para Vimianzo. ¿Que supón na súa traxectoria como político?

-Atrévome a dicir que os 24 anos que levo de concelleiro valeron a pena por lograr que Vimianzo teña esa residencia. Por suposto, tamén recordo momentos duros. Especialmente, a desaparición da nena Eva Lavandeira. É algo que marca, xa non só polo papel que teñas na vida municipal, senón tamén como persoa. Pero eu teño a capacidade de quedarme co positivo. E neste caso, a residencia é o investimento máis relevante en Vimianzo. Marcará un antes e un despois.

-E no seu caso, ¿Vimianzo marca un antes e un despois?

-O contacto con Vimianzo segue a ser constante. Dou por finalizada a miña vida como concelleiro, pero a vida política vai moito máis alá desa faceta. En Ferrol pasarei a desempeñar unha faceta máis profesional, como mestre. É certo que con 56 anos custa algo máis o cambio, pero estou moi contento e, por suposto, o capítulo de Vimianzo non o dou por rematado.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | ramón gándara martínez «Ser mestre dáme autonomía, a política é unha paixón»

Deixa o seu labor como concelleiro do BNG vimiancés, pero asegura que o seu vencello coa zona aínda non rematou

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Ser mestre dáme autonomía,  a política é unha paixón»
Ramón Gándara enfronta a súa nova etapa moi contento do logrado
Autor de la imagen: | ANA GARCÍA

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.carballo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.carballo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd