pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.carballo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

«A asistencia persoal equipárame cos demais cidadáns, podo facer unha vida cotiá como calquera»

entrevista | adolfo lópez | Beneficiario da prestación

Autor:
Cristina Abelleira
Fecha de publicación:

Adolfo López Baña é un dos 30 galegos beneficiados polo Proxecto Piloto de Asistencia Persoal. Grazas a esta prestación, o presidente da asociación Íntegro asegura ter conseguido unha maior independencia da familia, que, dende o seu punto de vista, non debe suplantar o papel do coidador.

-¿Que supuxo para vostede a experiencia deste ano de asistencia persoal?

-Foi súper positiva. Poder contar todos os días da semana cunha persoa que me axude nas actividades da vida cotiá e no traballo tamén é a verdadeira igualdade de oportunidades. No proceso dende que me levanto pola mañá ata que chego ao traballo necesito a axuda de alguén, e no traballo tamén. E o que máis valoro é que a miña filla é a miña filla, e a miña familia é a miña familia, e non poden estar soportando os labores de coidador que ata agora estiveron soportando. A asistencia persoal equipárame cos demais cidadáns, podo facer unha vida cotiá como calquera persoa, e iso é ao que temos que aspirar, sen co-pago, evidentemente. -¿E está garantida a continuidade do servizo? -O xoves pasado, os membros da plataforma de usuarios fomos recibidos pola secretaria xeral, Chus Lago, e o director xeral, Bieito Seara, e eles afirmaron e reafirmaron que o sistema vai seguir igual, é dicir, 1.300 euros polas 30 persoas que somos e 160 horas ao mes. -¿Estarían satisfeitos os usuarios con esas condicións? -A nosa reivindicación básica é esa. Queremos o que temos, e de ahí nin un paso atrás. Se poden entrar máis usuarios, mellor, e se se poden ampliar as 160 horas, mellor. Estamos dispostos a apoiar e colaborar en todo o que faga falta, pero non a quedarnos sen a axuda que temos a diario para levantarnos das nosas camas. E tampouco estamos dispostos a que ninguén nos represente; estamos suficientemente capacitados para representarnos a nós mesmos. -¿Con ese alguén refírese a Cogami? -Si. As persoas que estiveron negociando coa Vicepresidencia non poden saber o que eu sinto ou o que eu quero, porque non son usuarios do proxecto de asistencia persoal. -¿Son suficientes as axudas que hai? -As axudas non cubren todas as necesidades. Sabemos que non poden cubrir o 100%, pero pedimos que cubran as horas que necesite cada usuario. En Rus, por exemplo, hai unha persoa que gasta os 1.300 euros na asistencia pola noite, ¿e de día que fai? -¿En que situación están agora mesmo os usuarios? -De momento estamos esperando a que a Funga (Fundación Galega para o Impulso da Autonomía Persoal) nos remita unha carta individualizada para saber en que condicións quedamos. Xa nos queixamos da falta de información, porque nos enteramos pola prensa de que o proxecto remataba o día 30 e de que había alguén negociando por nós. Por outra banda, esta situación está xerando moita inseguidade, ao non saber por canto tempo continuarán as axudas. A partir de aí todo será negociable ou haberá que tomar as accións que consideremos oportunas.

 

ENVIAR NOTICIA  

«A asistencia persoal equipárame cos demais cidadáns, podo facer unha vida cotiá como calquera»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«A asistencia persoal equipárame cos demais cidadáns, podo facer unha vida cotiá como calquera»
Adolfo López necesita axuda dende que se levanta pola mañá
Autor de la imagen: | CASAL
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.carballo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.carballo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd