pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
Actualizado
Ir a la Portada
Elige:

Clase con auga e fariña

Escolares de Muros aprenden a elaborar pan nun taller que no fin de semana estará aberto a toda a poboación

Autor:
J. M. Sande
Fecha de publicación:

Os escolares de Muros están a participar esta semana nun obradoiro que ofrecen o Concello e a Deputación sobre o mundo do pan. Esta actividade realízase nas instalacións dos muíños de marea do Pozo do Cachón e, aínda que está aberta a toda a veciñanza, os nenos son os principias destinatarios.

No obradoiro dáse cumprida mostra do proceso de elaboración do pan, dende a sega do trigo ou millo ata a cocedura da masa, e tamén das variedades gastronómicas que tradicionalmente se viñan facendo cos cereais en Galicia. Tamén poden verse diversos útiles empregados nos fogares para a elaboración do pan.

A actividade ten unha clara intención didáctica e por iso complétase con fotografías sobre os usos que se lle daba aos diversos aveños domésticos, e mesmo xogos e divertimentos que se facían ao redor dos traballos da recolleita dos froitos. A maiores, proxéctase un vídeo sobre a elaboración doméstica da boroa.

Os nenos dos distintos centros escolares do municipio están a participar neste obradoiro, que ten un carácter pedagóxico, xa que cando é posible dáselle aos escolares a oportunidade de que debullen as espigas, boten o grao ao muíño, almacenen a fariña na artesa e mesmo a peneiren. A actividade realízase en grupos reducidos para facela máis amena e proveitosa.

Percorrido polo museo

Todos os escolares que están a visitar o Pozo do Cachón reciben tamén ampla información sobre os distintos tipos de muíños tradicionais, xa que no obradoiro emprégase un eléctrico para moer o millo. Para iso, fan un percorrido pola zona museística do recinto do Cachón, onde se atopan distintos paneis informativos sobre este tema.

A actividade prolongarase ata o domingo, xornada na que poderán sumarse a ela todas as persoas que o desexen. Entre as accións previstas para o fin de semana destaca unha gran amasada popular, que se fará mañá, a partir das 11.00 horas. A iniciativa estará amenizada por varios grupos folclóricos.

Tamén o sábado, aínda que xa pola tarde, haberá una gran festa popular, na que se realizará a degustación de produtos relacionados co pan, en especial empanadas. Tamén esta merenda contará coa actuación de diversas agrupacións tradicionais. A maiores, o programa deseñado inclúe xogos e concursos dirixidos aos máis pequenos do municipio de Muros.

 

ENVIAR NOTICIA  

Clase con auga e fariña

Escolares de Muros aprenden a elaborar pan nun taller que no fin de semana estará aberto a toda a poboación

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Clase con auga e fariña
Un grupo de mozos amosan os produtos que realizaron na súa visita ao Pozo do Cachón
Autor de la imagen: | SANDE
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.