pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.barbanza
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Barbantia xa ten os doce finalistas para recibir os sirenos de bronce

Os socios da entidade serán os que decidan quen recollerá os premios o 29 de novembro

Autor:
Moncho Ares
Fecha de publicación:

A directiva da Asociación Cultural Barbantia vai remitir ao socios da entidade unha selección de candidatos a recoller os premios dos sirenos de bronce que o 29 de novembro serán entregados nun acto que terá por escenario o Auditorio Municipal de Ribeira. Os tres galardoados van saír dunha terna de doce, na que sobresae que catro dos aspirantes son de Noia, tres de Rianxo, outros tantos de Ribeira e cadanseu de Boiro e Porto do Son.

Na sección da traxectoria cultural no Barbanza, os nomeados son Manuel Dourado Deira, Xoán Mariño Reino, Xosé Ramón España Lorenzo e Manuel Mariño del Río. No apartado de iniciativa cultural no Barbanza, os aspirantes son o Museo Etnográfico de Artes, o grupo de teatro Airiño de Asados, a Sociedade Liceo de Noia e a revista A Casa da Gramática . Pola súa banda, o premio Barbantia da cultura galega vai recaer nun dos catros barbanceses propostos: André Torres Queiruga, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xosé Luis Axeitos e Alfonso Costa Beiro.

Os integrantes de Barbantia van recibir unha tarxeta na que deberán elixir a un dos propostos por cada categoría. Logo, deben entregala na sede da entidade, situada no Centro Social de Boiro, ou en man, nun sobre pechado, aos directivos da entidade, co fin de facilitar o proceso a aquelas persoas que non poidan achegarse á sede.

Criterios

A asociación informou de que para o premio da cultura galega, que o ano pasado recollera Isaac Díaz Pardo, a xunta directiva decidiu nomear a candidatos nados no Barbanza e que acadaron un prestixio máis aló das fronteiras da comarca. En canto á traxectoria cultural no Barbanza, que pretende estimular a labor feita por persoas que centraron a súa obra na comarca, «traballando en distintos eidos», no 2007 foille entregado ao rianxeiro Xesús Santos Suárez. Por último, a distinción á iniciativa cultural está pensada para recoñecer a labor das entidades barbancesas que traballan a prol da cultura. O primeiro correspondeulle á asociación etnográfica cultural O Faiado.

Os premios Sireno de bronce foron instituídos o ano pasado e consisten nunha figura feita no sinalado metal que se corresponde coa que identifica as publicacións de Barbantia. O escultor Manuel Teira Luaces foi quen a fixo realidade.

 

ENVIAR NOTICIA  

Barbantia xa ten os doce finalistas para recibir os sirenos de bronce

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.barbanza
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.barbanza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.