Ernesto Losada Dopazo Autor da exposición sobre Santa Mariña e documentos antigos de Cambados
Ernesto Losada está xubilado, pero non ocioso. A súa inquedanza é sacar á luz documentos e planos que serven para coñecer un pouco máis sobre a historia de Cambados. Ata o día 15 amosa no Museo do Viño parte destes descubrimentos como é un plano da vila de 1660, un deslinde do 1610 e documentos de cando se fixo o convento de San Francisco, alá polo 1700. Pero, sen dúbida, o que máis chama a atención é a maqueta en madeira, de 1,47 por 52 centímetros, que fixo das ruínas de Santa Mariña. Ernesto Losada foi profesor de debuxo e iso deulle a base para dominar esta disciplina.
-¿Canto tardou en facer esta maqueta?
-Cos planos empecei hai catro anos, pero o traballo en si levoume tres meses do verán.
-¿Como xurdiu esta afección?
-Hai moito tempo que empecei, xa fixen moitas cousas. A maqueta da praza de Fefiñáns que está no centro comarcal é miña e fago moitas cousas que me encargan, pero despois desta (a das ruínas) non fago máis. Da moito traballo..., tiven que incrustar pezas de 8 milímetros, peza a peza.
-¿En que anda metido agora?
-Estou investigando sobre a chegada dos Bazán e os Zárate a Cambados.
-¿De que fontes se subministra?
-Para este traballo, por suposto, da Universidade de Santiago pero tamén me mandaron material do Senado.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios