Segunda cita da tempada para a sección de atletismo do Liceo Casino. Os deportistas do club de idade escolar (de 8 a 14 anos) desprazaránse mañá a Pontevedra para competir no torneo zonal clasificatorio da chamada Liga Caixanova. Unha competición esta destinada ás promesas do atletismo galego, e que terá a súa continuación na cita que o vindeiro 20 de decembro reunirá na Coruña os mellores rapaces dos torneos zonais de toda Galicia. En Pontevedra e na Coruña competirán nas probas federadas en pista.
Os atletas do Liceo Casino levan varias semanas preparándose, con dúas sesións semanais de adestramentos, os martes e os xoves. Como referente inmediato correrán coa motivación do segundo posto acadado polo equipo cadete feminino do club no Cross Belarmino Alonso de Vigo, disputado o pasado domingo.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios