pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.arousa
Actualizado
Ir a la Portada
Elige:

Cinco balonmanistas do Rasoeiro xogan dous torneos internacionais con Galicia

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

O traballo de base do Rasoeiro vén de recibir un novo recoñecemento coa convocatoria de cinco das xogadoras do club para os vindeiros compromisos das seleccións galegas cadete e xuvenil femininas.

Na primeira das categorías, Andrea Pintos, Uxía Fontoira e Aurora Garrido desprázanse a León para disputar o Torneo Internacional da mencionada localidade. Nela, o combinado galaico mediráse o domingo ás dez e cuarto da mañá co equipo portugués ADC de Braga, e o luns ás doce menos cuarto da mañá coa selección de Castela-León. O grovense Queco Fresco viaxa coas tres xogadoras do Rasoeiro coma xefe de expedición.

Ademais, o club meco estará representado tamén no Torneo Internacional Trofeo Bufete Nogues que durante os mesmos días se celebrará en Valladolid. Neste caso, da man das xogadoras xuvenís Carla Casal Outón e María Jesús Longueira Martínez. As galegas mediránse o domingo a partir das dez da mañá á selección da Comunidad Valenciana. O gañador disputará a final do torneo ao día seguinte ao mediodía, e o perdedor terá que conformarse coa final de consolación, un par de horas antes. O Rasoeiro é o terceiro club que máis xogadoras proporciona a Galicia para o seu compromiso en Valladolid tralo Porriño, con media ducia de balonmanistas, e o Atlético Guardés, con cinco.

Tanto o torneo de León coma o de Valladolid están enmarcados no plan de traballo da Federación Galega de Balonmán coa vista posta no vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas, fixado do 2 ao 8 de xaneiro en Valladolid.

 

ENVIAR NOTICIA  

Cinco balonmanistas do Rasoeiro xogan dous torneos internacionais con Galicia

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.arousa
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.arousa
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.