A fundación e o Concello de Vilagarcía publican 1.500 exemplares de «Antítese Nativa»
A Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello de Vilagarcía e coa secretaría xeral de Política Lingüística, acaba de editar o poemario gañador do premio Suso Vaamonde deste ano.
Manuel L. Rodrigues foi o primeiro clasificado desde certame cunha obra que se chama Antítese Nativa , da que se editan 1.500 exemplares. Manuel Rodrigues é un rapaz de Noia nado no 1978 que forma parte do colectivo literario Sacou.
Ao mesmo tempo, a fundación editou tamén a publicación que recolle os gañadores do premio de relatos curtos e contos Daniel Hortas, e tamén os do premio de pintura.
Do libro de poesía editáronse 1.500 exemplares, mentres que do de relatos curtos se fixo unha tirada de 2.700. Os dous serán enviados a todas as bibliotecas galegas.
Dentro dalgúns días celebrarase na casa de cultura de Vilagarcía un acto no que se presentarán publicamente ámbalas dúas publicacións e se exporán os debuxos.
Na presentación destes dous libros participaron onte o concelleiro de Cultura de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón, o presidente de Amigos de Galicia, Jesús Busto, e o membro do padroado Toño Costas. Foi o momento que Castro Ratón aproveitou para anunciar que este ano a fundación convocará un novo premio, que levará o nome de Xaquina Trillo, «unha das grandes referencias da literatura vilagarciana de finais do século XX». Este premio será de relatos curtos.
Premio de música
Non será este o único cambio nas convocatorias de Amigos de Galicia. O que ata agora era o premio Suso Vaamonde pasará a chamarse, coma noutros tempos, premio O Grelo. Mentres, como Suso Vaamonde bautizouse un novo certame que a fundación decidiu crear, dedicado á musica. Pola súa parte, o premio de debuxo Daniel Hortas continúa a súa traxectoria sen cambios.
Jesús Busto anunciou tamén onte que a organización que preside está agora moi vinculada a Vilagarcía e, polo tanto, desde agora os premios «van ficar aquí».
Polo tanto, nos próximos días decidirase en Vilagarcía o gañador do primeiro certame de música Suso Vaamonde, para o que se presentaron xa máis de trinta obras. Está dotado con 2.000 euros e a edición dun cedé. Está dirixido a obra en galego.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios