pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.amarina
Actualizado
Ir a la Portada
Elige:

Trabada e Superti medirán forzas no derbi comarcal de fútbol-sala

O encontro de Primeira Nacional B disputarase mañá no municipal trabadense, ás 19.30 horas

Autor:
Miguel Albo
Fecha de publicación:

A decimoterceira xornada de 1ª Nacional B está marcada desde a pretempada nos calendarios dos dous representantes mariñaos na categoría. Concello de Trabada FS e Superti da Pontenova velan armas para o encontro que os enfrontará mañá no Municipal trabadense, a partir das 19.30 horas. Os pontenoveses chegan ao derbi moi reforzados animicamente trala vitoria a domicilio do pasado fin de semana diante do Calotoloyo Concello de Sarria (3-6), que situaba aos pupilos de Josiño no terceiro posto da clasificación, igualados a puntos cos propios sarrianos e co Esteo FS.

Pola súa banda, os homes de Julio Delgado descasaron na última xornada, xa que se debían enfrontar ao Gondomar FS, equipo que se retirou da competición. O Trabada FS encara o choque como sexto clasificado, a catro puntos dos seus veciños e co mesmo número de puntos que o Automoción La Junquera e o Bueu FS.

O preparador do Superti recoñece o bo estado de ánimo no que chegan os seus homes á cita. «Estamos coa moral polas nubes, logo dos resultados positivos que acadamos nas últimas xornadas», comentou. Porén, Josiño advirte que «iso non nos servirá de nada o sábado [por mañá], senón o acompañamos de intensidade e concentración desde o primeiro minuto».

Unha vitoria visitante sería «un premio moi grande para nós», aínda que o técnico do Superti admite que unha derrota do seu equipo «entraría dentro do esperado, xa que xogamos no seu feudo e eles teñen un gran potencial», concluíu.

Na situación contraria se atopan os locais, que saltarán ao seu terreo de xogo coa obriga de conseguir os tres puntos, xa que «non conseguimos engancharnos aos postos de arriba e outra derrota sería un golpe moi importante», recoñeceu Julio Delgado. Os xogadores do Trabada FS chegan ao choque «totalmente recuperados da última derrota, logo da semana de descanso que tivemos» e coa única ausencia de Santi, que non se deu recuperado a tempo dunha escordadura de nocello. No bando visitante tampouco estará o ala Jordi, que causa baixa definitiva no equipo da Pontenova por motivos persoais.

Ambos adestradores afirmaron que os seus xogadores afrontan este partido de «xeito diferente ao resto, xa que estes encontros sempre son especiais porque a rivalidade é grande, os xogadores coñécense, algúns xogaron xa nos dous equipos e o ambiente na grada sempre é maior», relatou Josiño, mentres que Delgado recoñecía que «o que diga o contrario, minte».

 

ENVIAR NOTICIA  

Trabada e Superti medirán forzas no derbi comarcal de fútbol-sala

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Trabada e Superti medirán forzas no derbi comarcal de fútbol-sala
Na imaxe de arquivo, un lance do encontro disputado na Pontenova entre o Superti e o Redondela
Autor de la imagen: | PEPA LOSADA
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.amarina
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.amarina
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.