ENTREVISTA | fERNANDO SUÁREZ | Alcalde do Concello de Ribadeo
Son tempos de crise. Iso ninguén o dubida. Pero paradóxicamente o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez (BNG), fala con optimismo cara o futuro. E expón un dato: «Nestes meses que veñen a inversión pública en Ribadeo vai ser do mellor da súa historia».
-¿De que obras está a falar?
-Contamos con que ao longo do 2009 comece a obra da nova depuradora, cun custe duns sete millóns de euros; na primavera o polígono industrial, uns seis millóns; o paseo marítimo de A Vilavella, tres millóns de euros; disporemos de case 1,8 millóns do plan contra a crise do Goberno español; dun millón de euros para investir na travesía urbana, pola transferencia que nos fixo Fomento; contamos con que comecen as obras do centro de enfermos de Alzheimer en Ove, o albergue de peregrinos no antigo colexio das monxas...
-E o que está en marcha.
-Certo. O ascensor panorámico, a reparación de rúas, etcétera.
-¿E para cando outras cousas xa anunciadas, como a reparación da Torre dos Moreno ou do pavillón vello?
-Para o pavillón imos firmar un convenio antes de que remate o ano, e sobre a torre redactei unha proposta para mandarlla aos propietarios e lla enviei antes á Xunta para que a fiscalizara. Estou pendente da súa resposta. Temos garantida a inversión da Xunta, pero sempre e cando os propietarios da torre acepten ceder unha parte para uso público.
-¿E o plan xeral?
-Espero que todos os grupos políticos teñamos á altura. Agora estamos revisando as alegacións e o plan será o que finalmente todos queiramos, sempre e cando se axuste á lei.
-Pero, ¿cando se aprobará?
-Debería ser de forma definitiva ao longo do 2009.
-¿E o PEPRI?
-Tamén.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios