O Festival Internacional de Lusofonía é un proxecto pioneiro, creado en Galicia e con sede na cidade.
Cantos na Maré, Featival Internacional de Lusofonía, é un evento cultural pioneiro e exclusivo en España, creado en Galicia, que volve a súa cita anual en Pontevedra nunha singular aposta: trazar un mapa común entre os territorios da lusofonía a través da lingua, da música, dos ritmos e dos sons que comparten raíces.
Este ano afronta a súa sexta edición con ánimo de expansión para facelo visible ou reporducible noutros países. Con ese obxectivo e co apoio de institucións de Portugal, a programación deste ano vai ser divulgada tamén en Oporto.
O Festival celebrarase nesta cidade do 10 ao 13 de decembro, no Pazo da Cultura, con novas seccións de intercambio cultural, aínda que o espectácul musical de clausura seguirá sendo o prato forte para o gran público. Nesta o ocasión convertirase nunha gran homenaxe aos grandes compositores que traspasan fronteiras coas súas creacións desde distintos países de fala lusófona, como Cabo Verde, Angola, Portugal, Brasil ou Galicia.
O programa divídese en catro apartados e unha delas é CNM Documental que terá lugar os días 10, 11 e 12 na Casa das Campás. Coa Colaboración do Cine Clube de Pontevedra, desenvolverase un ciclo de cinema lusófono que abrirá esta sexta edición, con as proxecións Todo reflorecido, de Pedro Costa e basado na destrución do barrio lisboeta de Fontainhas; Brasileirinho, documental sobre o «choro», a primeira corrente musical brasileira urbana moi popular nos anos vinte, do director Mika Kaurismáki, e Non a vanagloria de mandar, baseada na guerra colonial portuguesa en África, do director Manoel Oliveira.
Os mesmos días 11, 12 e 13, no Pazo da Cultura, celebrarase CNM Encontro, no que os artistas da lusofonía serán o elemento vertebrador que potencie Cantos na Maré na súa percepción máis humana e real. Os máis novos, poderán compartir os coñecementos á vez que gozan dun momento lúdico nos ensaios. Vai dirixido a estudiantes de secundaria, que poderán asisten a ensaios e manter coloquios cos artistas, así como aos nenos da AFI, Aula Folque Infantil de Pontevedra, que tamén manterán un intercambio musical cos cantautores.
Simultáneamente, tamén no Pazo da Cultura, desenvolverase CNM Rede, baseada nas experiencias do networking, como vía de expresión para fomentar o encontro, o intercambio de proxectos artísticos, a coproducción e o coñecemento mútuo.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios